|
LOS RECIENES é un grupo de rock alternativo e independente formado en 1990 en A Coruña (Galicia - España).
LOS RECIENES practican un rock combativo e contundente con melodías pegadizas e letras intelixentes.
O seu estilo pódese definir coma unha mestura de Hard Rock e Punk do 77.
As letras, en español, poseen un
sentido do humor bastante ácido.
Borracheiras, sexo con extraterrestres, abuso
de drogas, profecías apocalípticas.... son os seus temas
preferidos.
En directo non dan concesións.
Son capaces de pór o equipo ó
"rojo vivo".
A xente sae dos concertos coa camisa planchada
e coa sensación de ter visto ós derradeiros heroes do rock,
por iso ámanlles apaixoadamente.
LOS RECIENES nunca firmaron un contrato
discográfico nin editaron comercialmente os seus temas.Son libres.
No ano 2000 deciden regalar os seus temas
como método de loita contra a opresión e manipulación
que exercen as compañías discográficas sobre os grupos
de Rock.
Faite coa súa música, corre a voz e
¡¡¡LOITA!!!.
Na xira do 92, estando na estrada, o grupo
sofre unha experiencia que marcaría o seu destino.
Non lembran o lugar exacto. Aproximadamente
entre as Vilas de A Pobra do Caramiñal e Ribeira o coche detívose
e de súpeto víronse envoltos nunha luz vermella que os sumiu
nun profundo trance. Ó espertar atopábanse nunha especie
de mesas de operacións nas que foron sometidos a todo tipo de experimentos
e aberracións sexuais por parte duns seres que a todas luces debían
de ser extraterrestres, eran verdes e comían coas mans. Foran
abducidos.
A partir daquí, a súa carreira
musical desenrólase nun universo paralelo.Vilmente enganchados á
droga "Nexus 6" por parte dos seus secuestradores, o grupo vese obligado
a prostituirse musicalmente a cambio da dosis diaria.
Desta forma realizan a sua xira máis
universal nunhas condicións de escravitude xamáis antes sufridas
por ningún grupo da terra.
Xira ESCRAVITUDE ASTRAL, ano 2025:
|
|
|
|
Ademáis compoñen e interpretan a banda sonora dos actos de inauguración das sextas xornadas de caza e ablación de clítoris dos transexuais mutantes do planeta Karrack.
Ó finalizar a xira foron devoltos á terra nun estado lamentable. Hoxe en día ninguén lles cre. Nin sequera nas tertulias da tele os toman en serio. Son a burla do país.
![]() |
É o membro máis polifacético do grupo, atracador de farmacias, traficante de escravos, asasino a soldo,travestido a ratos libres,... Compaxina a labor de letrista do grupo co seu traballo no Teatro Rosalía de A Coruña onde se lle pode ver tódalas fins de semana en funcións de 8 e 10:30 da noite, atendendo a máquina de palomitas. |
| Ós sete anos mercou a súa primeira guitarra cos cartos conseguidos realizando traballos sucios nos báteres da estación de autobuses, onde era coñecido como "Atomic Felator".Conseguiu fama mundial tras comprobarse mediante proba do ADN que a súa auténtica identidade correspóndese coa de Mijelito, o famoso "neno flautista" desaparecido no 84 nun centro comercial de A Coruña. |
![]() |
![]() |
Metido de cheo dende a infancia nun ambente de delincuencia e depravación que o levou a cursar estudios en varios reformatorios, ingresa por equivocación na unidade de transplantes do Hospital Juan Canalejo onde é sometido a unha delicada operación quirúrxica de alongamento de pene, deste xeito puido chegar a consolarse oralmente a si mesmo nas duras noites de inverno. Este feito sen dúbida marcou o seu alonxamento da sociedade |
| Aprendeu percusión no barrio dos Castros
onde somentes sobrevivía o que golpeaba máis forte.
Pódese dicir que naceu para pegar. Tambores, persoas, carteis, policías,
señoras das bolsas.... dálle igual o que sexa con tal de
que impere o ritmo.
Na actualidade desempeña o posto de monaguillo na prisión provincial de mulleres, onde dirixe ademáis o coro "Voces Rotas", formado por reclusas dispostas ó que sexa con tal de chegar ó mundo do espectáculo. |
![]() |
Desde 1990 LOS RECIENES grabadon infinidade de maquetas.
Estes traballos nunca foron editados comercialmente.
Agora están dispoñibles gratuitamente a través da nosa WEB na sección MP3.
TEMAS PROPIOS GRABADOS POLO GRUPO
MIRA MI CHANDAL
GUARDAME EN FORMOL
AMAR COMO UN HOMBRE
SINDROME DEL BAR
BEIBE CAN BAK
TAN TRANQUILO
DIME LOLY
FIN DE SEMANA
GAY
ENTRE LAS LLAMAS
LEY DEL BILLAR
LULU
NO TIENES MANTAS
PASA DE MI CALVA
PASIÓN
7 MARES
VIAJAR
UNA CERVEZA MAS
BLUES DEL FIN DEL MUNDO
ABANDONA EL HEAVY METAL
ACTUALMENTE ESTAN PREPARANDO A GRABACIÓN DUN CD CON 10 TEMAS
QUE PENSAN EDITAR CO SEU PROPIO SELLO DISCOGRÁFICO.
EN XANERO DE 2002 ENTRAN NO ESTUDIO...
...PRONTO NA REDE !!!